Contando con Rosalía

Contando con Rosalía

“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO
O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.
A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta

o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso, no que se combinan rimas, poesías e contos para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía e achegarlle á rapazada rianxeira esta figura senlleira da nosa cultura e da nosa literatura.
A actividade está dirixida á rapazada de 4 a 11 anos e vai celebrarse o venres 23 de febreiro, ás 17.30 h na biblioteca municipal.
Para participar cómpre anotarse previamente no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 881 988 891 ou no correo-e: normalizacion@concelloderianxo.gal
Esta sesión de poemas e contos para compartir está incluída nas actividade do programa Apego, de dinamización lingüística da primeira infancia. E vai ser unha excelente oportunidade de transmitirlles ás máis pequenas da casa a sensibilidade pola poesía e mostrarlles a musicalidade da poesía da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro.

▼ Show More

Praza Rafael Dieste, 1, 15920
Rianxo - A Coruña
23 February , Friday 17:30